II Xornada de observación de aves acuáticas

O próximo sábado 23 de febreiro as 10:00 horas, no noso Colexio Sagrado Corazón de Xesús (Placeres) en Pontevedra terá lugar a:

II Xornada de observación de aves acuáticas




Como xa sabedes o ano pasado tivemos a primeira experiencia deste tipo e resultou do agrado dos participantes, así que este ano repetimos. 
As xornadas celébranse gracias a colaboración do ornitólogo Victor Xosé Cabaleiro Barroso, autor da Guías de aves  do Espazo Natural de Interese Local Xunqueira de Alba ediatada pola Conselleria de Medio Ambiente Natural; Concello de Pontevedra. 
As 10:00 horas terá lugar unha sinxela charla introductoria e inmediatamente tentaremos localizar as distintas especies no entorno de colexio. 
Estades todos invitados.
A actividade é aberta ao público e é gratuita para nenos e adultos.Prégase, se é posible, que os participantes veñan provistos de prismáticos.

Comentarios